Sempreengalicia’s Weblog

Just another WordPress.com weblog

Outro “blog” de Sempre en Galicia

Temos outro “blog” en probas para que poidades poñervos en contacto connosco:http://semprengalicia.blogspot.com/ .

Estamos a traballar para que poidamos ter un medio de comunicación interactivo, que poidades participar connosco nas inquedanzas e en todo aquelo que nos sirva para levar adiante este programa

Seguramente que teredes algunha suxerencia e moitas cousas nas que nos podedes axudar. Desexamos que nos enviedes as vosas aportacións, as vosas comunicacións para podermos atendervos mellor.

Aproveito para poñervos algunha foto dos que pasaron por “Sempre en Galicia”

abril 18, 2008 Posted by | General | Deja un comentario

Programa

Sempre en Galicia” é o programa, de certa dimensión cultural – en língua galega – de Radio Cornellà, que se emite no 104.6 da FM, tódolos sábados de 18 á 20 horas. Tamén se pode escoitar vía Internet.

Trata, fundamentalmente, de dar a coñecer tódalas novidades e actividades que se producen ao redor da Asociación C.G. Rosalía de Castro, así como unha visión xeral das noticias que chegan á Redacción do programa, tanto do ambente galego en Cataluña como das que teñan algo que ver coa Cultura Galega.

A modo de corresponsalía temos, en Galicia, a Xulio Simón que semanalmente fai unha síntese, escollida e moi persoal, das novidades que se producen aló, acompañada de entrevistas con diversos persoeiros relacionados con algún tema de interese : escritores, músicos, políticos, artistas… etcétera.

Procúrase facer partícipes aos escoitantes-oíntes das nosas inquedanzas abrindo a posibilidade de chamar e solicitar algunha dedicación musical galega, así como a participación nalgún que outro concurso nos que se reparten diversos premios.

Os seus compoñentes actuais son:

No control técnico : IRENE MATAS

Nas locucións : Serxio Seoane, Xulio Couxil e Xosé Carlos García

Colaboradores habituais : Dende Galicia, Xulio Simón, Paco Rivas, Xesús Díaz.

Patrocinador: “Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO.

abril 7, 2008 Posted by | General | 1 comentario

¡Hola, mundo!

¡Hola Mundo!

Acabamos de darnos de alta en este nuevo medio de comunicación.

Esperamos tener muchas visitas y muchos interesados en lo que hacemos.

Esta es la prueba de que queremos cambiar algo lo que estábamos haciendo hasta ahora.

abril 7, 2008 Posted by | General | 1 comentario